O desencanto electoral aumenta no Carballiño: 435 votos menos neste 28-M que nas eleccións de 2019.
Dos resultados rexistrados este 28-M no municipio carballiñés despréndese que houbo un importante trasvase de votos desde o PSOE que foron a parar a Partido Popular, Espazo Común e BNG, os tres melloran a porcentaxe de votos recibidos en relación as eleccións de 2019.
Pero hai outro dato certamente relevante, o descenso na participación, ou o que é o mesmo, o incremento dos carballiñeses e carballiñesas que optaron por non acudir ás urnas. E non foron poucos, xa que rexistraronse 435 votos menos que fai catro anos.
En 2019 exerceron o seu dereito ao voto no concello do Carballiño un total de 8.159 persoas, mentres que este 28-M fixérono 7.724, incluidos os votos recibidos polas candidaturas, asi como os votos nulos e en branco, que tamén se incrementan en relación a fai catro anos, pasando dos 118 aos 191.