O detido polo intento de homicidio da súa ex-parella declara ante a Xuíza que consumira drogas e alcohol e non recorda nada do sucedido.
O detido, tras prestar declaración esta mañá no Xulgado nº 1 do Carballiño, foi trasladado ó cárcere de Pereiro de Aguiar. Nas súas manifestacións ante a Xuíza, G.F.L. asegurou non recordar os feitos tras consumir drogas e alcohol, modificando desta maneira a declaración que onte realizara ante a Garda Civil do Carballiño, tras a súa detención, xa que daquela recoñecera a autoria dos feitos, utilizando para a agresión un coitelo que levaba no coche que despois tirara a unhas silveiras. Tamén se soubo tras a súa comparecencia ante Xuiíz, que o preso tiña en vigor dúas órdes de afastamento distintas, unha respecto da víctima deste suceso, desde o pasado mes de setembro, e outra anterior respecto de outra ex-parella. Mentres, Sofia Rial, a xoven víctima deste grave episodio de violencia machista, permanece no servizo de reanimación do CHOU, permanece sedada e con respiración asistida e o seu estado segue sendo grave.Tras romper co agresor, co que mantivo relacións durante catro anos, a moza regresara ó domicilio dos seus país na Arnoia, onde os veciños aseguran que malia a orde de afastamento tiñan presenciado como en varias ocasións o home se aproximara á víctima en actitude agresiva.