O DOGA publica o proxecto de licitación de obras no entorno do templo da Veracruz
A Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Xunta de Galicia ven de publicar a licitación de obras de acondicionamento do entorno do templo da Veracruz, tendo as empresas intermediarias un prazo de 26 días para presentar as súas ofertas. O orzamento base de licitación é de 1.101.141 euros, e a execución do proxecto será de 12 meses. A obra consistirá na urbanización da praza que rodea o templo da Veracruz, cunha extensión arredor dos 12.000 metros cadrados, que incluirá a apertura dun novo vial que comunicará a Praza do San Ramón coas rúas Evaristo Vaamonde e Florentino Cuevillas.