O domingo 29 de Decembro: A XI Carreira Solidaria do Arenteiro espera superar os 700 participantes da última edición
Cando faltan ainda dez días para a celebración da XI Carreira Solidaria do Arenteiro, que terá lugar o domingo 29 de decembro, hai xa arredor de 400 persoas inscritas, que é unha cifra moi superior á das últimas edicións por estas datas, según afirmaron os oganizadores durante a presentación deste evento.
O obxectivo é superar os preto de 700 participantes da pasada edición e a recollida de 1.000 kg de produtos alimenticios imperecedeiros.
O acto de presentación, que tivo lugar no salón de plenos do concello, contou coa asistencia da concelleira de Deportes, Silvia Baranda; Luis Iglesias e outros representantes do Club de Atletismo Arenteiro e KorporeArenteiro, e Juan Manuel Estévez, de Cáritas.
Con respecto á edición do 2018, increméntase a categoría de Máster de máis de 55 anos, e os percorridos serán semellantes, cunha proba Absoluta de 10 km, a de Sub 16 de 2 km, e Sub 12 de 450 m. As saídas serán desde a Praza da Veracruz ás 11,00 h (absoluta), ás 12,10 h (sub 16), ás 12,40 h (sub 12) e ás 12,50 h (prebenxamin). A absoluta transcurrirá polas rúas do Carballliño, Muíño das Lousas e Parque Municipal. A sub 16 transcurrirá polas rúas da vila ata a entrada do parque e regreso. E as demais transcurrirán polos arredores da Veracruz. As metas estarán na Praza da Veracruz.
Está previsto cortar o tráfico nas rúas da vila por onde transcurrirá a carreira entre as 10,00 e as 12,30 h.
Asimesmo, pídese ás persoas participantes que donen produtos imperecedeiros para entregalos a Cáritas con destino ás familias necesitadas.
As inscricións poden realizarse na páxina web de championchipnorte ata o xoves 26 de decembro, e os 500 primeiros inscritos recibirán como agasallo unha camiseta conmemorativa da carreira.
Silvia Baranda dixo que se trataba dun evento deportivo e solidario, e que polo tanto animaba a participar e colaborar con Cáritas para poder axudar ás familias que máis o necesitan. Tamén agradeceu a colaboración do Club Atletismo Arenteiro e Koropore Arenteiro, así como as entidades e empresas colaboradoras como o Banco Mediolanum, A Fuchela, Cruz Vermella, CCA, Dizmar, GRI, Autotodo.Barazal e Estate Quieto, entre outros, ademáis da Policía Local e Protección Civil.
Luis Iglesias pediu paciencia aos conductores e veciños polo corte de tráfico das rúas entre as 10,00 e as 12,30 h, e animou a participar neste evento, que leva camiño de superar o número de inscritos do pasado ano. Tamén dixo que ía haber agasallos para todos os participantes.
Finalmente, Juan Estévez incidiu en que Cáritas atende durante todo o ano a máis de 200 familias e 600 persoas, que son as perceptoras das axudas que se lles facilita ben entregando produtos alimenticios, ben axudando a pagar recibos da luz ou alquileres. E por eso agradeceu a colaboración na entrega de produtos alimenticios imperecedeiros, que irán destinados a estas familias.