O empresariado carballiñés demanda da administración información máis concreta nas medidas contra o Covid-19. As dúas grandes factorias, GRI Towers e DIZMAR están a plena producción.

8, Maio 2020

O concello do Carballiño pechou hoxe o ciclo de reunións que está a manter con representantes do tecido económico da vila, de cara a coñecer as principais inquedanzas e necesidades destes sectores na actual situación de desescalada polo control da propagación do covid-19. Onte reuniuse cos comerciantes e hostaleiros, e esta mañá a quenda correspondeulle aos empresarios do polígono industrial da Uceira e do parque empresarial.

A esta reunión, que tivo lugar no salón de plenos do concello, asistiron, por parte do concello, o alcalde, Francisco Fumega, e o concelleiro de Promoción do Emprego, Manuel Dacal, así como e a concelleira de Comercio, Silvia Baranda. Por parte do sector, estiveron o presidente da Asociación de Empresarial do Polígono da Uceira, Manuel Carballeda; o xerente de GRI Towers Galicia, Cándido González, xunto con outro directivo da empresa; e o xerente da empresa DIZMAR, Carlos Rivas.

Tamén asistiron as asesoras laboráis do concello e o representante da empresa Infoxiro. Os empresarios comunicaron que están adoptando todas as medidas de seguridade para evitar posibles contaxios polo covid-19, e expresaron a necesidade de que as administracións públicas competentes deben especificar mellor as normativas para as empresas neste período de desecalada polo control da propagación do virus.

Tamén se analizou a posbilidade de que por parte das administracións públicas se podan conceder axudas para instalar cabinas de ozono para a desinfección, co obxectivo de incrementar as medidas de prevención nas empresas. Así mesmo, acordaron co concello intensificar a limpeza do entorno e delimitar mellor as zonas de aparcamento próximas ás rotondas para facilitar os xiros dos grandes vehículos de transporte. Tamén se acordou intensificar a eliminación de niños das avispas velutinas, que están proliferando nesta primavera.

PRODUCCIÓN AO CEN POR CEN

Por outra parte, os xerentes tanto de GRI Towers Galicia como de Dizmar, que son as dúas grandes factorías do polígono e parque empresarial do Carballiño, e que contan coas plantillas  de traballadores máis numerosas, aseguraron que neste intre, e pese á pandemia mundial que se está padecendo, atópanse nun punto álxido da súa produción, e que incluso precisan máis persoal cualificado, polo que insistiron na necesidade de seguir desenvolvendo cursos de formación encamiñados a cubrir esta deficiencia.