O empresario carballiñés Francisco Gómez recibe o Premio de Gastronomia de Galicia pola súa aportación á "promoción culinaria"

6, Maio 2021

O xurado dos XXVII Premios de Gastronomía de Galicia ven de outorgar un dos oito galardóns desta edición ao empresario carballiñés Francisco Gómez, premiando a súa traxectoria no apartado da promoción culinaria. Trátase dunha convocatoria que cada ano promove o concello de Lalín, e que naceu ligada á festa do cocido.

Nacido no seo dunha familia con tradición pulpeira de Arcos, non será o primeiro galardón que recibirá, xa anteriormente Francisco Gómez xa fora elixido como o "mellor pulpeiro de Galicia" no Forum Gastronómico na cidade de A Coruña.

Francisco Gómez xestiona actualmente o restaurante A Feira en Ourense e 8 restaurantes en Asturias, nos que se sirve o tradicional pulpo á feira como producto estrela.