O Erizana, primeiro rival en liga para o Arenteiro en Espiñedo
O Arenteiro comeza a liga 2016/17 na Preferente Galicia, co reto de mellorar a excelente campaña do ano pasado.
Un recén ascendido, o Erizana de Baiona, será este domingo 28 de agosto o rival na primeira xornada de liga, con inicio do partido fixado para as seis da tarde no Estadio de Espiñedo.
Os verdes esperan iniciar con bo pe a competición, ou o que é o mesmo, brindar á afección carballiñesa a primeira victoria da competición oficial, e facer bo o dito "o que ben empeza, ben acaba".
Para este primeiro encontro oficial da tempada, o adestrador Manel Vázquez terá dispoñibles todos os xogadores da plantilla, excepto o dianteiro Vitti, lesionado nun xeonllo, e pendiente do resultado dunha resonancia que determinará o seu alcalce. Con esta única baixa, o técnico terá a súa disposición os outros 20 xogadores que integran a plantilla, incluidos ás novas fichaxes deste ano: Rubén Arce, Carlos de Dios, Adrián Padrón, Saúl, Cuquejo e Varandela.