O Estradense-Arenteiro, este domingo ás 16:30 horas, na "Liga das Cidades" da TVG-2
Os seguidores do Arenteiro están de enhoraboa, xa que por segundo domingo consecutivo poderán seguir a retransmisión en directo do partido dos verdes na Televisión de Galicia, esta vez dende o Novo Campo da Estrada, correspondente á 5ª xornada da terceira división que xogará ante o Estradense.
Igual que o pasado domingo ante a UD Atios, a TVG ofrece a retransmisión íntegra na súa páxina WEB. Ademáis, tamén poderá seguirse na TVG-2 en formato carrusel no programa "A Liga das Cidades", no que o Estradense-Arenteiro alternará con outros dous encontros, Arousa-Choco e Vilalbés-Fabril Deportivo. A partir das 16:30 horas deste domingo dia 15 de Novembro.