O exalcalde de Cenlle Gabriel Alén é o novo delegado territorial da Xunta na provincia de Ourense
Gabriel Alén Castro é o novo delegado territorial da Xunta de Galicia na provincia de Ourense.
O presidente da Xunta anunciou, tras a reunión do consello do Executivo galego deste xoves 17 de Setembro, a substitución dos cinco delegados territoriais e, nesta provincia, Alén substituirá a Marisol Díaz Mouteira, que ostentaba o cargo desde 2015.
Gabriel Alén Castro naceu en Ourense en 1977, é profesor especialista en educación física, e foi alcalde do concello de Cenlle polo Partido Popular desde 2011 ata o pasado mes de marzo, cando deixou o cargo para formar parte da lista ourensá do PP ao Parlamento de Galicia.