O Festival de Teatro Galego ofrecerá 4 espectáculos no auditorio do Carballiño, do 13 ao 16 de decembro.
Por vez primeira na súa historia o Festival de Teatro Galego celebraráse este ano fora das súas datas tradionais no mes de setembro, pra esta edición de 2023 será do 13 ao 16 de decembro e abrirá as funcións unha obra infantil, de balde para o alumnado dos centros educativos do Carballiño.
Na presentación oficial na Deputación de Ourense estiveron presentes Diego Fernández, concelleiro de Cultura do Carballiño, César Fernández, vicepresidente segundo da Deputación provincial, e Carlos Ledo, director do festival.
O Festival comezará o mércores 13 de decembro ás 11.30 horas co espectáculo infantil de Barafunda "Antón un neno diferente". Ao día seguinte, a programación retomarase ás 20.30 horas con Redrum Teatro e o seu espectáculo "O pequeno poni". O venres, 15 de decembro, será a quenda para Teatro do Noroeste con "As damas de Ferrol", ás 20.30 horas. O Festival rematará o sábado, 16 de decembro, coa obra "Testosterona" de Malasombra, ás 20.30 horas, sempre no auditorio do Carballiño.
O prezo da entrada para cada xornada será de 8 euros na venda anticipada, podendo mercar o abono por 20 euros. As entradas poderanse mercar en ataquilla.com ou ben a través da web festivaldoteatrogalego.com. Xa na billeteira os prezos serán de 9 euros a función solta e 25 o abono.
A intención da organización é testar estas datas no calendario de cara ás vindeiras edicións e crear un costume de consumo de teatro na vila. Ademais, entre as novidades que incorporará, figurarán diversos sorteos entre o público asistente.
No marco do festival entregaránse os premios Dorotea Bárcena ao mellor espectáculo, escollido polo público, así como o premio de honra.