O Festival de Títeres do Carballiño ofrece espectáculos a diario ata o próximo venres, ás 19:00 horas na explanada do parque municipal
Coa posta en escea de Circo Galaico, por Títeres Alakrán, comenza esta tarde unha nova edicion deste festival, que organiza a concellería de Cultura coa colaboración da Deputación Provincial de Ourense, e que se desenvolverá esta semana na explanada do Parque Municipal.
Todas as representación comezarán ás 19,00 horas
Programa
Luns, 16: Circo Galaico, por Títeres Alakrán.
Martes, 17: Cousas de Casa, mais Obradoiro de Títeres, por Micromina Títeres.
Mércores, 18: Os Novos músicos de Bremen, por Animar Títeres.
Xoves, 19: Onde vai o vento, por Animar Títeres.
Venres, 20: Obradoiro de Títeres, mais Novos lobos, por Fantoches Baj.