O Fluvial Avión-Catamarán Ribeira Sacra mide o seu progreso no Control Galego de Inverno
O Club Fluvial Avión-Catmarán Ribeira Sacra continúa preparando a vindeira tempada deportiva, na que competirá para conseguir novos retos na súa traxectoria no deporte da piragua.
Desta maneira, os palistas avionenses veñen de participar no "Control Galego de Inverno" celebrado no centro deportivo David Cal de Pontevedra, cunha distancia de 5.000 metros.
Na categoria Master conseguir valoraron o seu estado de forma Mónica Piñeiro e Pedro Andrés.
Completaron a participación do club neste control invernal Alexia Bruquet e Yasmina Mehovic en cadete femenina, Andrés Tamayo e José Manuel Vigara en categoria xuvenil, asi como Angela Bruquet, en infantil.