O foco na Residencia de Maiores eleva a 71 os contaxios activos no municipio de Leiro. O concello de Avión resiste libre de virus.
O foco de coronanavirus declarado na residencia de maiores de Leiro fai que o número de contaxios activos siga aumentando neste municipio, nos datos facilitados por Sanidade neste dia 21 de Xaneiro o número de persoas afectadas pola enfermidade en Leiro ascende a 71, a maioría usuarios e traballadores do xeriátrico local.
A comarca do Ribeiro está atravesando polos peores dias dende que se declarou a pandemia en Marzo de 2020, sendo o de Avión o único concello que en plena terceira onda da pandemia resiste libre de virus.