O futuro goberno municipal do Partido Popular auditará as contas do Concello do Carballiño
O futuro Goberno do Partido Popular fará un exhaustivo estudio da situación económica e financieira do Concello do Carballiño, será unha das prioridades para o equipo de goberno que presidírá Argimiro Marnotes. Os novos gobernantes municipais do Carballiño están moi preocupados coa herdanza económica que recibirán tras 16 anos de gobernos socialistas, " é a preocupación de todo O Carballiño, non só do Partido Popular" suliñaba en declaracións a esta emisora de radio o futuro Alcalde Argimiro Marnotes, e por eso anunciaba que "unha vez que estemos dentro do Concello farémos unha análise tanto da situación económica como dos recursos humanos existentes, e poñerémolo en coñecemento de todos os veciños, tal como nos demandan, ese é o noso compromiso". Aínda que Marnotes non aclarou na súa intervención radiofónica si entre esas posibles medidas estará a contratación dunha auditoria de contas, a opinión maioritaria entre os integrantes do futuro goberno do Concello é que se proceda a auditar as contas municipais dos últimos anos, e que se encargue esa auditoria a unha empresa especializada. Outras dúas medidas que serán prioritarias para o Partido Popular e polo tanto acometerá nos primeiros meses do novo mandato municipal, serán o reingreso do Carballiño na Mancomunidade Comarcal de Concellos e reformular a xestión da recollida do lixo, un servizo que o Partido Popular quere mellorar, e para conseguilo consideran que a fórmula máis axeitada pasaría por ceder a xestión deste servizo á Deputación de Ourense, que xa se encarga da recollida nos concellos mancomunados.