O gardameta Iago Domínguez, o defensa "Vitra" e o dianteiro Sobrido chegan ao Arenteiro
Os dous primeiros, os futbolístas vigueses IIago Dominguez e Vitra asinaron en Espiñedo o seu compromiso co Club Deportivo Arenteiro, para integrarse no equipo dirixido por Fran Justo e que desta maneira sigue completando o seu plantel para competir na Segunda RFEF.
O gardameta Iago Domínguez é aos seus 19 anos unha xoven promesa saída da canteira do Celta, a pesar da súa xuventude xa suma dúas tempadas no Celta B e mesmo varias convocatorias esta pasada tempada no equipo da primeira división.
Diego Rodríguez "Vitra" tamén conta con experiencia en Segunda B co Rápido de Bouzas, equipo no que tamén xogou esta pasada tempada en terceira. Ten 26 anos e xoga no centro da defensa.
Sobrido, o próximo en chegar
O dianteiro José Sobrido, natural de Ribeira e criado futbolisticamente na canteira do Celta, tamén xogará no Arenteiro a vindeira tempada, o acordo xa é firme para que Sobrido, que militou na última tempada no Alavés B da Segunda B, se incorpore á disciplina do Arenteiro co inicio da pretempada.