O Goberno Municipal defende a política laboral do concello e acusa de manipuladores aos socialistas
Consideran que os socialistas carballiñeses non son os máis indicados para dar leccións de ética a ninguén porque "durante 16 anos o que fixeron foi utilizar a moitos traballadores do concello nas campañas electorais".
O portavoz do Partido Popular, que compareceu acompañado polas concelleiras Pilar Caride e Purificación Alberte, constestou ás criticas feitas dende o Partido Socialista sobre diversos aspéctos da xestión municipal. Martín Nogueira indicou que "cando din que o concello do Carballiño despedíu xente porque era do PSOE están mentindo, ninguén se botou fora deste concello, sí é certo que houbo finalizacións de contrato e recortes de subvencións, o que si temos que facer é unha política responsable e velar pola economia do concello".
¿que un xuíz afirma que se despide xente por motivos ideolóxicos? -preguntouse o portavoz dos populares- ´"pois está recoñecendo que moitos destes traballadores son do PSOE e outra pregunta sería entón ¿cómo entraron a traballar no concello? o que sí ninguén pode decir é que este grupo de goberno utilizou a traballadores da comarca para traballar nas campañas electorais ou mesmo como interventores nas eleccións", manifestou.
Referíuse tamén aos procedementos de selección, tanto nos concursos para adxudicar postos de traballos como nos obradoiros de emprego, "hai circustancias personais dos aspirantes que non deben desvelarse, pero sí podemos recordarlles como seleccionaban os socialistas os alumnos para as escolas-taller". Mesmo recordou como tanto Francisco Fumega como o exalcalde Carlos Montes foran contratados como directores "supoño que polos seus méritos".
De forma concreta, o portavoz do Partido Popular relatou o caso da praza de educadora de servizos sociais "si unha educadora vai impartir clases de tmantemento para persoas maiores parece lóxico que sexa titulada en educación física".
Finalmente, Nogueira respondeu a Nogueira. Martín Nogueira reprochoulle a Adolfo Nogueira - o concelleiro socialista- a súa xestión na asociación de comerciantes do Carballiño "non é Adolfo o máis indicado para dar leccións de moralidade e transparencia", subliñou.