O Goberno Municipal estuda a implantación da Zona Azul gratuíta en varias rúas

21, Maio 2013

A fórmula na que traballan os responsables municipais persigue favorecer a rotación nas prazas de aparcamento nas rúas máis céntricas.

Está aínda por determinar as rúas nas que se implantará esta Zona Azul gratuíta, aínda que dase practicamente por seguro que entre os viais afectados por este proxecto estarán Conde Vallellano, Aldara, Cesáreo Tizón e Riveiro.

O sistema prevé que o aparcamento sexa completamente gratuíto durante un perido de tempo de dúas horas, transcurrido o mesmo os usuarios pagarán unha sanción económica, que será proporcional ao tempo no que se excedan esas dúas horas gratuítas.

O Partido Popular paralizou á súa cjhegada ao goberno municipal a implantación da ORA nas rúas do Carballiño, que pretendia facerse por medio dunha concesión a unha empresa privada, un procedemento que puxera en marcha o anterior goberno socialista. Agora, optase por esta modalidade de Zona Azul como sistema de aparcamento gratuíto, eso si, os usuarios deberán mover os seus vehículos transcurridas dúas horas para non ser obxeto de sancións económicas.

O goberno municipal considera que esta medida será moi positiva para a hostelería e o comercio local, e xa trasladou verbalmente  a proposta aos responsables da Asociación de Empresarios e o Centro Comercial Aberto do Carballiño.