O goberno municipal proxecta a peonalización da rúa Curros Enríquez
Asi o anunciou nesta emisora de radio o alcalde do Carballiño, o proxecto tomará forma no transcurso de 2013.
Marnotes respondia en directo as preguntas dos oíntes de COPE O Carballiño cando, referindose a un estudo que está a realizar o goberno municipal para mellorar as condicións do tráfico no casco urbano, avanzou que "está dentro da nosa idea acometer a peonalización de Curros Enríquez, porque entendemos que sería moi interesante para O Carballiño que esa futura praza da Veracruz tivese unha continuidade por zona peonil".
Según o comentado polo rexedor municipal "nesta rúa solo hai un garaxe en todo ese tramo, que vai desde o cruce de Conde Vallellano ata a praza de San Ramón´", polo tanto tan so quedaría aberto o tráfico o tramo que vai desde a praza de San Ramón ata o cruce dos Catro Camiños. A intención dos gobernantes municipais é avanzar neste proxecto durante o ano que ven "que se completaría con algunhos cámbeos na zona para reordenar o circulación de vehículos", anunciou o alcalde.
Ún deses cámbeos afectaría a rúa Martínez Avellanosa, entre a rotonda da N-541 e o cruce por Enríquez Parrondo, que pasaría a ter un único sentido aberto para a circulación e ampliaría o número de prazas de aparcamento, que se faría en batería.