O goberno municipal traballa para presentar os orzamentos para 2025 neste primeiro trimestre. Parque municipal, praza de abastos e polideportivo da Uceira, entre as prioridades anunciadas por Pepe Castro Gil.

8, Xaneiro 2025

O pimeiro tenente alcalde do concello carballiñés anunciou en COPE O Carballiño que o goberno municipal PP-PSOE ten previsto levar a pleno o orzamento de 2025 "canto máis antes mellor, se pode ser en xaneiro no esperarémos a febreiro", asegurou.

Pepe Castro-Gil tamén avanzou na súa intervención nesta emisora de radio que o proxecto de "mercado excelente" para a praza de abastos agarda que logo poida ser unha realidade este mesmo ano, un proxecto que representaría unha inversión de 1 millóns de euros por parte da Xunta.

Asemade, referíuse a outras actuacións previstas para este ano, entre elas están o saneamento da masa árborea do parque municipal, que se acometería este mesmo inverno, ou as obras de mantemento e mellora na biblioteca, o auditorio e as piscinas públicas. 

Este xoves, o delegado territorial da Xunta Manuel Pardo presentará a obra de reforma integral do polideportivo do colexio da Uceira, cunha inversión de 600.000 euros.

Escoita aquí a entrevista: