O Grupo Cer&Ber recibe o premio Azougue 2016
Os fundadores, fai 33 anos, do Grupo Cer&Ber, Rosa Cerdeira e José Manuel Bernárdez, e a súa familia, recibiron da man da directora xeral de comercio da Xunta de Galicia, Sol Vázquez, o premio Azougue 2016.
O galardón, creado fai 10 anos pola Asociación local de Comerciantes e Empresarios recoñece a traxectoría comercial e empresarial carballiñesa, e tamén o seu compromio e implicación coa sociedade carballiñesa.
O acto desenvolveuse con gran éxito de convocatoria no marco da 10ª Festa do Comercio do Carballiño, cunha cea de gala servida por Restaurante Derby, e á que asistiron 250 persoas, comerciantes e socios do Centro Comercial Aberto, tamén moitos clientes do Grupo Cer&Ber, asi como numerosos amigos dos galardonados.
Ademáis da intervención da directora xeral de comercio, dirixiron alocucións e salientaron ós méritos que concorren no Grupo Cer&Ber o presidente do CCA Julián Garriga, o alcalde Francisco Fumega e o concelleiro de comercio Adolfo Nogueira.
No nome da familia Bernárdez Cerdeira agradeceu todos os parabéns recibidos, Uriel Bernárdez Cerdeira, que ademáis puxo en valor "o carballiñesismo" que leva por bandeira o grupo Cer&Ber.