O Grupo de Emerxencias de Avión suma 3 novos efectivos, e pasa a contar con 12 profesionais para cubrir un servizo que presta tanto no propio concello como noutros próximos.
Xunta e Deputación de Ourense veñen de asinar un novo convenio de colaboración que vai permitir a ampliación dos efectivos, asi como a actualizacións dos custos salariais dos GES da provincia, entre eles o do concello de Avión.
Consecuencia inmediata do novo convenio entre ambas administracións, será a ampliación en 3 profesionais do Grupo de Emerxencias Supramunicipal do concello de Avión, que pasa a contar con 12 efectivos.
O custo anual do servizo ascenderá agora, coa actualización salarial, aos 313.000 euros, unha cantidade da que o 52,5% corresponderá á Xunta, o 40% á Deputación e o 7,5% restante ao concello de Avión.
Este Grupo de Emerxencias Supramunicipais de Avión non so da servizo de emerxencias ao propio municipio, senón que tamén o fai cando é requirido a través do 112 para actúar noutros concellos das comarcas do Carballiño e O Ribeiro, e mesmo ten realizado actuacións en concellos próximos da provincia de Pontevedra.