O Grupo Outeiro pide a catalogación de 25 restos arqueolóxicos inéditos no municipio do Irixo
O Grupo de acción ecoloxista ven de presentar as súas alegacións ao PXOM en materia de patrimonio arqueolóxico. En opinión da Asociación Ecoloxista “ En total son 50 xacementos arqueolóxicos que hai que revisar en situación xeográfica ou en planimetría, dos cales 25 son novos descubrimentos”.
A importación destes descubrimentos é vital para a súa inclusión no Plan Xeral, xa que é a ferramenta imprescindible para evitar a súa destrucción. Entre os novos achádegos hai xacementos das distintas épocas da nosa prehistoria, idade antiga e medievo, En opinión da asoaciación ecologista “ atopamos dende mámoas do neolítico, petroglifos da idade do bronce, minería aurífera a ceo aberto da época romana ata cruces e marcos do medievo”. O Grupo Outeiro destinou todos os medios posibles para a revisión deste PXOM porque é consciente da súa importancia á hora de preservar o noso patrimonio natural e cultural, algo que leva facendo dende máis de 30 anos.
O Grupo Outeiro xa foi protagonista no 2006 co descubrimento da Área Arqueolóxica de Cangues (Irixo), nos terreos dun monte comunal onde estaba ubicada a escombreira das obras do AVE, descubrimento que deu a coñecer as figuras antropomorfas, petroglifos únicos na Galicia interior.
Ademáis dos propios membros do Grupo Outeiro contamos coa colaboración do historiador Xosé Luis Sobrado, que aportou datos fundamentais sobre a mineria romana, tema no que traballou fai algún tempo, Antonio García Reinoso da Asociación Sta Mariña da Cidá, gran coñecedor dos montes do Irixo e Adolfo Otero Loureiro (Presidente da Asociación de veciños de Madarnás).
Á hora de valorar o conxunto do patrimonio do Concello do Irixo En opinión da asociación ecoloxista “ é un concello dunha riqueza extraordinaria, tanto en patrimonio natural como cultural, cun contraste entre vales e montañas que o fai especial dentro da comarca do Carballiño, estes xacementos veñen a confirmar a presenza dos nosos antepasados nestas terras fai máis de 6000 anos, as mámoas como primeira arquitecura monumental da historia, os petroglifos como a máis importante manifestación artística da prehistoria recente e por su posto a minería romana que certifica a chegada dunha nova era”
Sen dúbida é un concello cunha riqueza monumental extraordinaria, igrexas, capelas, cruceiros, pontes medievais e camiños reais, onde aínda se poden ver as pegadas dos carros sobre as laxas, mineria de Wolfram e estaño nos montes do Testeiro e basta lembrar que de Sta Mariña da Cidá é a procedencia dunha arracada ( pendente de ouro) unha xoia que se atopa no museo arqueolóxico de Pontevedra.
A IMPORTANCIA DO PXOM (Plan Xeral de Ordenación Municipal)
Para o Grupo de Acción Ecoloxista Outeiro, un PXOM é a ferramenta imprescindible e necesaria para sentalas bases de prevención dos bens patrimoniais. É o marco legal, no que se ten que fundamentar a protección do patrimonio xa que conta cunha normativa que regula as obras a executar dentro das áreas de respeto dos ben patrimoniais.
"Evidentemente non vale de nada ter unha ferramenta si despois non se usa ou está mal empregada. De ahí a "obrigatoriedade" de contar cun arqueólogo municipal que colla esa ferramenta e lle de uso ". "O PXOM ten que complementar e ampliar o catálogo de bens da Xunta non só co número de xacementos se non tamén coas áreas de protección (integral e de respeto) porque hai catálogos de concellos moi obsoletos que non contan con esas áreas. Evidentemente esto ten que ir acompañado de outras medidas como o de sinalización e revalorización xa que é moi importante que os veciños dun concello coñezan o seu patrimonio cutural", manifestan..
O catálogo do PXOM do Irixo está "na nosa opinión moi incompleto polo que solicitamos sexan aceptadas as nosas alegacións, e deixar aberta a posibilidade de incluir novos achádegos que seguro que irán chegando. O noso patrimonio está en perigo, non polas persoas que o destrúen, se non polas que non fan nada para evitalo. E necesario pasar á accón.", recalcan desde o Grupo Outeiro.