O grupo parlamentar do PP traslada aos populares carballiñeses o proxecto de centralizar no Centro Comarcal os servizos autonómicos. Un proxecto que ten asignado un investimento de 1,4 millóns de euros nos orzamentos da Xunta para 2024.
A deputada autonómica Marisol Mouteira salientou que os de 2024 serán "unhos orzamentos pensados para as persoas", e nos que a Xunta contempla varios investimetnos no Carballiño "pensando nas persoas que máis o necesitan, como son as persoas que están sen traballo, coa creación dunha nova oficina de emprego que se ubicará no edificio do Centro Comarcal, no Cornuval. Un proxecto para o que os orzamentos da Xunta para o próximo ano fixan unha partida económica de 1,4 millóns de euros.
Neste mesmo contexto, Mouteira tamén citou o Polo de Emprendemento que ten a súa sede neste mesmo Centro Comarcal do Carballiño, dotado de 120.000 euros para asesorar e favorecer o emprendemento para os concellos do noroeste provincial.
Neste mesmo edificio do Centro Comarcal xa se ubica desde fai unhos anos a Oficina Agraria Comarcal, coa idea de centralizar no mesmo todos os servizos que a Xunta presta no Carballiño.
Precisamente, este lugar foi o elexido neste encontro informativo entre a representación do grupo do PP no Parlamento de Galicia e os populares do concello carballiñés, e no que tamén se deu a coñecer outras obras de mellora na residencia de tempo libre do Carballiño, para actuacións de modernización das súas instalacións, que terán un investimento de 670.000 euros.
Nos orzamentos autonómicos de 2024, a consellería de sanidade fixa unha partida de 300.000 euros para a redacción do proxecto de licitación do novo centro de saúde do Carballiño, que se ubicará na parcela que ocupa a actúal estación de autobuses, na avenida do Balneario.