O grupo socialista do Irixo congratúlase pola limpeza do rio Viñao na Ponte feita pola Confederación Hidrográfica e insta ao concello para que acometa o saneamento integral do municipio
Os socialistas do Irixo recordan que "a limpeza do río Viñao era unha demanda dos socialistas que xa dende o ano 2016 levamos os plenos do Irixo diversas mocións para a limpeza do rio Viñao e outra media ducia de mocións relacionadas ca conca hidrográfica". Por esto é que agora "o grupo municipal socialista celebra que a Confederación Hidrográfica acometese a limpeza do rio Viñao ao seu paso pola Ponte, no Irixo".
Recordan que "o portavoz socialista do Irixo Iago Fariñas Valiña, reuniuse no seu día co Presidente da Confederación Hidrográfica Miño Sil José Antonio Quiroga Díaz para solicitar a limpeza do rio Viñao, xunto con outras actuacións, especialmente o seu paso pola Ponte". Para o PSdeG, o concello do Irixo "suspende en canto a xestión municipal relacionada ca conca hidrográfica, así tódolos anos debido a súa nefasta xestión, a veciñanza do Irixo paga en sancións á Confederación Hidrográfica preto de 20 mil euros, O Irixo suspende en limpeza e conservación dos seus ríos cun saneamento deficitario ou inexistente, fosas sépticas sen legalizar ou vertendo o rio directamente cando non o medio dun rego ou dunha silveira sen fosa séptica", aseguran.
Agradecen os socialistas o traballo da Confederación Hidrográfica Miño Sil e do seu presidente José Antonio Quiroga Díaz e instan o goberno municipal e o seu alcalde "a que faga unha xestión real e transparente para toda a veciñanza, que pasa por acometer o saneamento integral do Irixo para manter a limpeza dos rios, como xa teñen demandado reiteradamente en diversas mocións".