O grupos municipais do Partido Popular do Carballiño e Beariz desmárcanse da elección de Patricia Torres como deputada provincial, que sí apoiaron o resto de concellos da comarca.
Discrepancias na elección da alcaldesa de Boborás como deputada provincial do Partido Popular pola comarca do Carballiño, asi se puxo de manifesto na votación celebrada esta mañá na Xunta Electoral de Zona, onde estaban convocados os 56 concelleiros electos o pasado 28-M nos 9 concellos da comarca carballiñesa.
O grupo municipal popular no concello do Carballiño, con 5 concelleiros, non apoiou a elección de Patricia Torres, o grupo liderado por Lino González manifestou o seu malestar porque asegura que había un compromiso adquirido pola dirección provincial do PP de que o deputado fose o seu cabeza de lista no concello do Carballiño.
Tampouco se presentou á votación o grupo municipal de Beariz, que conta con 7 concelleiros, neste caso o alcalde bearicense Manuel Prado manifestou a COPE O Carballiño que non comparte a modelo de elección "a designación debía facerse acordandoa nunha reunión con todos os cabezas de lista, como se facía antes, e non desta maneira".
Sí apoiaron a designación da alcaldesa de Boborás como deputada provincial o resto dos grupos municipais populares nos outros 7 concellos da comarca carballiñesa. Como primeiro suplente figura o alcalde de Cea, José Luis Valladares.