O "Holi Pulpo" agarda superar os 1.500 participantes. Celébrase o próximo sábado 27 de Xullo.
Cinco Dj animarán a festa de Holi Pulpo 2019 que, na terceira edición, celebrase o sábado 27 de xullo no Carballiño.
O evento foi presentado hoxe no concello polo promotor, Uriel Bernárdez, e o concelleiro de Turismo, Manuel Dacal.
Agárdase que podan participar máis de 1.500 persoas, batindo o récord da pasada edición. As entradas poden adquirirse online ao prezo de 10 euros, e de xeito físico no Hotel Arenteiro, Little Carballiño e Loft 27 ata o mesmo sábado.
O programa previsto comezará ás 15,00 h., dese sábado 27 de xullo na Pista Vermella, coa animación do Dj Warm Up. Ás 17,30 h., partirase para o parque municipal co acompañamento dunha batucada. A festa, que contará coa animación musical dos Djs Mike Wass e Alex André, María, José Grande, Marcos Magán e Big Browsers, así como a xa tradicional pintura de cores, prolongarase ata as 22,00 h.
Pecisamente, Uriel Bernardez dixo que a festa rematará a esa hora para promover que a xente acuda á vila a cear e a continuar a “movida” polos locais hostaleiros do pobo. O empresario agradeceu a colaboración do concello e dos patrocinadores, sen cuxa axuda non se podería levar a cabo o evento, según dixo.
Manuel Dacal felicitouno por esta iniciativa que contribuía a animar as rúas e atraer xente de fóra.