O incendio nunha secadora industrial obrigou a desaloxar a Residencia de Maiores do Irixo
Vivironse momentos de bastante tensión, aínda que o persoal do centro xeriátrico conseguíu desaloxar en pouco tempo as persoas residentes, sen que ningunha delas resultase afectada polo fume.
O sinistro, tivo a súa orixe ao prender lume nunha secadora ubicada no soto da residencia de maiores "Nosa Señora da Sela", sita nas inmediacións do centro de saúde do Irixo, no lugar das Laxas.
Minutos despois das 4 da tarde solicitouse a intervención de Emerxencias O Carballiño, que desplazou atá o lugar dúas motobombas e a situación quedou controlada en pouco tempo. As persoas maiores que residen no centro permaneceron nas aforas das instalacións mentres non se recuperou a normalidade.