O Inventario municipal do Irixo recibe 43 alegacións no periodo de exposición pública

6, Marzo 2013

Antes de proceder a súa aprobación definitiva, o concello do Irixo deberá resolver as alegacións promovidas pola veciñanza, asi como por asociacións e entidades parroquiais do municipio.

En total, son 43 as reclamacións e alegacións que foron presentandas en tempo e forma durante o periodo de exposición pública do documento, que rexistra unha relación de 525 propiedades que o concello do Irixo pretende inventariar como bens municipais. Depósitos e traídas de auga que no seu dia foron construiídas e financiadas polos veciños, e tamén fontes, eiras ou incluso cruceiros, figuran na ampla lista de propiedades que veciños e entidades consideran que son de propiedade comunitaria ou privada, e polo tanto non deben figurar como bens municipais, tal como pretende o grupo de goberno do Alcalde Manuel Penedo.

ADXUDICADAS OBRAS POR IMPORTE DE 39.000 EUROS

A Mesa de Contratación concello do Irixo adxudicou á empresa Benigno Alvarez as obras de acondicionamento dunha fonte-lavadoiro na localidade de Dadín, como a rehabilitación dun forno e un muiño no lugar de Vila, onde tamén se procederá á sinalización de antigas explotacións mineiras, actuacións éstas que acomete o concello do Irixo con finalidade turística. As obras serán financiadas cunha subvención da Deputación e fondos municipais.