O irmandamento do Carballiño con Noventa Padovana protagoniza o acto inaugural da "Fiera del Folpo".

28, Outubro 2024

Os alcaldes de Noventa Padovana e O Carballiño, Marcello Bano e Francisco Fumega, respectivamente, efectuaron unha sinatura simbólica do irmandamento entre ambos concellos durante o acto inaugural da Fiera del Folpo.

Ao acto, ao que tamén asistiu o presidente da provincia de Padua, Sergio Giordani, entre outras autoridades, evidenciou a importancia que se lle concede en Noventa a este irmandamento, polo que o agradecemento dos representantes institucionales ao alcalde do Carballiño e á delegación institucional que o acompañou foi moi significativo.

Pola súa parte, Francisco Fumega expresou a súa satisfacción polo acordo de amizade entre ambos concellos e brindou o seu apoio para seguir colaborando na proxección dos respectivos patrimonios gastronómicos, turísticos e culturais.

Na súa alocución en castellano, o alcalde carballiñés contou cun traductor. No día da inauguración estímase en ducias de miles de persoas as que asistiron á Fiera del Folpo, que se prologará ate este martes e que é unha das festas máis multitudinarias da provincia de Padua.