O lume dunha campá extractora nun piso de Martinez Avellanosa mobiliza ós Servizos de Emerxencia
Atá tres veces foron requeridos os servizos do Grupo de Intervención Rápida e Protección Civil do Carballiño, durante a xornada deste xoves dia 18 de febreiro, atá tres intervencións un intervalo de apenas 17 horas no casco urbano do Carballiño. O incendio máis grave, afectou de madrugada á tintoreria "La Única", na rúa Astureses,onde os danos materiais foron bastantes cuantiosos, e ademáis foi preciso desaloxar ós veciños da zona. Pola mañá, os servizos de emerxencia acudiron á rúa Maside, ante o aviso dun incendio nunha vivenda, que finalmente resultou ser unha falsa alarma. E finalmente, ás 8,30 das tarde recibiron un novo aviso, que daba conta dunha nova incidencia, desta vez no piso dun edficio da rúa Martinez Avellanosa, no número 39 desta rúa carballiñesa. O lume prendeu na campa extractora da cociña, da que saía unha densa fumeira que provocou a lóxica alarma entre a veciñanza. Tamén desta vez, a rápida intervención foi eficaz e evitou que o lume se propagase ó resto da vivenda. A Policia Local regulou durante media hora o trafico na zona para facilitar o dispositivo ós vehículos de bombeiros e emerxencias.