O lúns de entroido abarrota Maside con felos, comparsas e carrozas.

28, Febreiro 2022

Felos, comparsas, charangas e as carrozas de Parada animaron a tarde do lúns de entroido na vila de Maside, que rexistrou un abarrote de público, a maioria con máscara de protección na primeira gran concentración que vive Maside en tempos de covid. Levantaou grandes  aplausos ao seu paso as carrozas do entroido de Parada, desfilaron 22 unidades nunha comitiva integrada por máis de 300 persoas.

A gran cantidade de público algunhas incidencias nas primeiras horas da tarde na entrada ao casco urbano masidao, e mesmo por momentos causou retenciós no tráfico nos accesos, sobre todo na entrada dende a autovía, na rúa da Friela, na que tivo que intervir a Garda Civil para organizar o tráfico..