O médico-alcalde de Boborás xubílase tras 33 anos de traballo no centro de saúde da localidade
O venres 14 de febreiro foi unha data especial para Cipriano Caamaño, o dia da súa xubilación como médico no centro de saúde de Boborás. Dende agora, terá máis tempo para dedicarlle ás súas responsabilidades como alcalde.
Atras quedan 33 anos de dedicación profesional no centro de saúde de Boborás, a onde chegou en 1982 tras iniciar a súa traxectoria como médico de familia no centro de saúde de A Pobra de Trives.
Trala xubilación de Cipriano Caamaño está agora por ver se o centro de saúde de Boborás conserva as tres prazas de médico, ou se pola contra o Sergas amortiza a praza, tendo en conta o descenso rexistrado nos últimos anos na poboación que atende o centro de saúde da localidade, na actualidade arredor de 2.600 persoas.