O mal estado de Espiñedo obriga ao Arenteiro a xogar contra o Arousa en Barbantes
O calamitoso estado do terreo de xogo do Estadio de Espiñedo, agravado polas condicións meteorolóxicas, fai que o partido correspondente á liga de terceira división este domingo dia 10 de Xaneiro que o Arenteiro xogará ante o Arousa, teña que trasladarse ao campo da Regueiriña de Barbantes.
Será o segundo partido que esta tempada ten que xogar o Arenteiro en Barbantes, xa que tampouco pudo facélo en Espiñedo na segunda xornada do campionato no pasado mes de Outubro, naquéla ocasión debido as restriccións polo coronavirus, que mantiña pechadas as instalacións deportivas.
Ademáis, este partido ante o Arousa na Regueiriña de Barbantes será sen público ao non adaptarse as instalacións para poder cumplir o protocolo anti-covid, unha mala noticia para os afeccionados do Arenteiro, que terán que conformarse con ver o partido a través da retransmisión televisiva.