O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente asigna 2,5 millóns de euros para proxectos en Leiro, O Carballiño, O Irixo e Avión
A maior contía, algo máis dun millón de euros, destinase á contrucción dun centro de día na localidade de Leiro. Tamén reciben achegas económicas as residencias de maiores e tempo libre do Carballiño, e un proxecto medio-ambiental nos municipios do Irixo e Avión.
As distintas asignacións económicas fixanse nunha resolución da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural e Política Forestal, do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, e que se materializará por medio dun convenio coa Xunta de Galicia, para a execución de accións de dinamización das zonas rurais.
No municipio do Carballiño, destinanse 652.000 euros para a instalación de maquinaria e equipación na Residencia de Maiores, construída no Cornubal. O edficio, promovido na etapa do bipartito, atópase rematado desde fai dous anos, e desde entón permanece sen actividade. A Xunta aínda non aclarou a súa funcionalidade, aínda que inicialmente fora concebida como unha residencia para dar asistencia a persoas dependentes.
O convenio fixa unha contía de 342.000 para a Residencia do Tempo Libre. O Alcalde, Argimiro Marnotes, avanzou no transcurso dunha intervención en COPE O Carballiño "que se trata de achegas económicas finalistas, polo tanto terán que ir destinadas as actuacións concretas que se fixan no convenio, e no caso da Residencia do Tempo Libre, será para acometer obras de modernización nas súas instalacións". Marnotes tamén confirmou que, cunha achega de 27.900 euros, vai realizarse unha adecuación no Centro Socio-Comunitario do Carballiño.
ACTUACIÓNS MEDIOAMBIENTAIS NOS MUNICIPIOS DE AVIÓN E O IRIXO
Os Montes do Testeiro, no Irixo, e a Serra do Suído, no municipio de Avión, que forman parte da Rede Natura, beneficiaránse dunha actuación que terá como obxetivo a reforestación destas zonas, que se completarán con traballos de desbroce e limpeza, nos que se investirán 550.000 euros.
CENTRO DE DIA PARA AS COMARCAS DO RIBEIRO E O CARBALLIÑO
O proxecto promovido polo Concello de Leiro recibirá ún millón 4 mil euros con destino á contrucción e equipamento dun Centro de Dia de atención ás persoas maiores, que ofrecerá este servizo ás dúas comarcas.
O Alcalde da localidade, Francisco Fernández, manifestou en COPE O Carballiño a súa satisfacción "porque con esta noticia podemos xa confirmar que en 2014 estará aberto este centro de dia, tal como tiñamos comprometido". O Centro terá unha capacidade para 79 prazas, e ubicaráse nun solar na rúa Gabino Bugallal, a altura da estrada de Osebe, na propia vila de Leiro. Os terreos xa foron postos a disposición da Xunta polo Concello de Leiro.