O motivo, según denuncian Espazo Común e Partido Popular, sería que o concello non remitíu a documentación á Xunta: O Carballiño, Maside, Boborás e San Amaro quedan sen Obradoiro de Emprego
Espazo Común manifestaba onte a súa preocupación por este asunto, pola falla de novas relativas a un novo Obradoiro de Emprego, e mesmo pedía explicacións aos gobernantes municipais para aclarar esta "situación de confusión"
Preguntábanse dende esta formación política se o motivo poidera ser non telo solicitado "por desidia ou por no consideralo importante", ou se acaso si fora solicitado pero denegado por algunha razón "que debería explicarse".
Esta mañá foi o Partido Popular quen dfundíu un comunicado no que desvela as posibles causas ao asegurar que "por parte do concello presentouse unha solicitude e cando dende a Xefatura da Xunta requiríronlle a documentación necesaria para completar o expediente a tramitar non se contestou dende o concello, polo que se desistíu da tramitación".
Os populares consideran "grave" o acontecido "pois estamos a falar que a deixadez do concelleiro responsable desta materia, Manolo Dacal, e do propio alcalde, que deixan sen Obradoiro de Emprego a O Carballiño, e tamén aos concellos de Maside, San Amaro e Boborás, que nos últimos anos viñan participando deste proxecto supramunicipal".
En manifestacións a esta emisora de radio, o portavoz do grupo popular Ricardo Perea lamentou os feitos e dixo que "coa maioria absoluta, deben pensar que xa está todo feito, porque é a primeira vez en moitos anos que esto sucede ", remarcou.