O Novocine de Leiro reinicia as proxeccións coa película "Cuñados", que permanecerá en carteleira durante 3 semanas
Os sucesivos peches perimetrais dos concellos e a hora do toque de queda fixada nas 10 de noite, levaron ao Novocine de Leiro a suspender a súa actividade á volta do nadal.
Agora, recupera a súa actividade cinematográfica e faino dende este venres dia 16 de Abril coa proxección da película galega "Cuñados", de recente estrea e película de moda agora mesmo, que chega ademáis para quedarse na carteleira do Novocine de Leiro durante as próximas 3 semanas. De momento, para estes dias do venres 16 ao domingo 18 en horarios ás 17 e 20 horas, e lúns e xoves en sesión única ás 20 horas.