O Obradoiro "Carbosam" despide 9 meses de actividade nos concellos de Boborás, O Carballiño, Maside e San Amaro
Coa entrega de diplomas aos alumnos e alumnas participantes quedou clausurado o obradoiro intermunicipal de emprego que se desenvolveu nos concellos de Boborás, O Carballiño, Maside e San Amaro, financiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia.
No concello de Boborás, executouse a rehabilitación dos lavadoiros de San Andrés, na parroquia de Albarellos e Astureses, asi como o acondicionamento da contorna da antiga casa do peón caminero da Almuzara, agora reconvertida en futuro centro social nesta localidade.
O concello do Carballiño aproveitou a actividade deste obradoiro de emprego para acometer a reforma integral da planta baixa da casa da cultura.
En San Amaro, púxose en marcha un módulo de atención sociosanitaria, no que se impartíu formación teórica e práctica para a atención domiciliaria de persoas no seu domicilio.
No concello de Maside, reformáronse dependencias do antigo colexio de Maside e construíronse beirarrúas na rúa de acceso ao centro de saúde de Dacón.