O Obradoiro de Empego rematou a súa actividade
Os alumnos do Obradoiro dos concellos do Carballiño, Boborás e San Amaro 2014, finalizaron os seus traballos, que no caso do municipio carballiñé centraronse principalmente no arranxo da entrada ao cemiterio de Señorín, onde executaron obras de lousado e axardinamento.
Así mesmo procedeuse a executar obras de axardinamento nas beirarrúas de entrada, plantando os tradicionais cipreses dos cemiterios, a lárgoa do muro.
Por outro lado os alumnos deste Obradoiro de emprego tamén realizaron a rehomologación do sendeiro que vai dende A Ponterriza ata O Carballiño.
Este Obradoiro Carbosam 2014 contou cun investimento de 250.000 euros, dos cales a achega do concello do Carballiño foi de 20.000 (neste estaban tamén os concellos de Boborás e San Amaro)
En total traballaron nesta iniciativa laboral 27 persoas, 7 no cadro directivo, docente e administrativo, e 20 alumnos, repartidos en módulos de albanelaría e xardinaría.
A edil de Traballo teresa Cerdeira sinalaba que "como todos os obradoiros, foi unha experiencia máis que positiva para os alumnos, que completaron en moitos casos a súa formación para afrontar un futuro laboral," así mesmo recordou que contaremos cun novo obradoiro de emprego este ano, que permitirá ofrecer máis oportunidades aos nosos veciños no campo laboral".