O Padrón continuo sitúa a poboación do Carballiño en 14.328 habitantes, rozando o teito histórico, e consolidándose como o segundo concello da provincia
A chegada masiva de emigrantes retornados e inmigrantes procedentes, fundamentalmente de Venezuela, dispara a poboación do Carballiño ata acadar os 14.328 habitantes, rozando polo tanto o teito poboacional histórico do municipio rexistrado no ano de 2013, daquela o padrón rexistraba 14.355 habitantes.
Asi se desprende dos últimos datos actualizados do Padrón contínuo, O Carballiño está a apenas 27 habitantes da súa cifra de poboaicón máis alta, polo que de confirmarse esta mesma tendencia nos próximos meses mesmo podería superarse.
En relación ao último Padrón de referencia anual, con data de 1 de Xaneiro deste ano, O Carballiño tiña unha poboación de 13.939 habitantes, polo que neste periodo de tempo o incremento de habitantes cífrase en 389 persoas.
Un incremento que se confirma a pesar do crecemento vexetativo, que sigue tendo saldo negativo, xa que cada mes o número de nacidos é inferior ao de falecidos, asi e todo o saldo migratorio do munlicipio é positivo.
O numero de extranxeiros empadronados no municipio do Carballiño representa xa o 10% do total, destacando aquelas persoas procedentes de Venezuela, e en moita menor medida aquelas que chegaron a O Carballiño e que son orixinarias de Brasil, Portugal, Repúbica Dominicana ou Argentina.
Asi pois, O Carballiño volve superar seis anos despóis a barreira dos 14.300 habitantes, consolidanse desta maneira como a segunda poboación da provincia de Ourense, tras a capital.