O parque intercomarcal de emerxencias estará funcionando a mediados do vindeiro ano, con 18 bombeiros profesionais
O parque de bombeiros de Carballiño, que prestará servizo ás comarcas do Carballiño e do Ribeiro, será unha realidade e estará funcionando a pleno rendemento o vindeiro ano 2011. Así o anunciou hoxe o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, que presentou o proxecto do parque xunto ao presidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar, o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, os responsables da Mancomunidade do Ribeiro e os alcaldes da zona. O parque do Carballiño, o cuarto da provincia de Ourense, dará servizo contra incendios e de xestión das emerxencias ao redor de 40.000 persoas dos 15 concellos da zona que, tal e como apuntou o conselleiro, estarán un pouco máis seguros tras a posta en marcha do parque comarcal, no que traballarán 18 bombeiros., e contará cunha dotación de catro vehículos-camións, entre eles, ún equipado cunha escada de 32 metros para acceder a edificios de 9 e atá 10 pisos. Unha posta en marcha que contará cun investimento de dous millóns de euros, dos cales a Xunta aportará un 50 por cento, a Deputación de Ourense un 30 por cento, o Concello de Carballiño un 10 por cento, a Mancomunidade do Ribeiro un 3 por cento e os outros concellos un 7 por cento.
O alcalde do Carballiño, afirmou hoxe trala presentación do proxecto do Parque de Bombeiros intercomarcal, que “estase a dar un paso atrás con respecto o anterior proxecto presentado polo goberno autonómico na pasada lexislatura, no que se eximía os concellos a aportación alguna para a posta en marcha deste servicio, altamente necesario nesta zona da provincia de Ourense”. Manifestou que o proxecto realizado durante o goberno bipartito fixaba unha financiación a cargo da Xunta e a Deputación. Carlos Montes sinalaba que non era de recibo o feito de que o concello do Carballiño teña que facer unha aportación económica superior os 200.000 euros (o 10% do custe total), o que se debe engadir o terreo que xa foi cedido polo propio concello “e a supresión dos Grumir no noso concello, o que significa unha importante alteración da seguridade no noso municipo” Para o alcalde carballiñés e o primeiro tenente alcalde Manuel Amil, se está a producir unha situación de desigualdade tremenda “xa que nos consta que no resto de Galicia este tipo de parques de bombeiros estase financiado a traveso da Xunta e as deputacións, e non entendemos que xusto neste parque de bombeiros de O Carballiño os concellos debamos aportar cantidades económicas o mesmo”.Según apuntaba o máximo edil do Carballiño o proxecto presetado no día de hoxe polo conselleiro de Presidencia está basado no elaborado durante o último mandato do Partido Pupular na Xunta de Galicia, sen ter en conta o acordado polos seguintes gobernos autonómicos. Así mesmo Manuel Amil e Carlos Montes destacan que a lei de bases de réximen local sinala e destaca que os concellos con menos de 20.000 habitantes non teñen responsablidade directa en accións de extinción de incendios “pese a todo o concello que eu represento estivo sempre a favor de crear este parque, e aportar os terreos para o mesmo, aunque non tiveramos a obriga de facelo, entendendo que este servicio é máis que necesario para a vila e a bisbarra”. Neste senso Montes lembraba que na actualidade ningún concello conta nos seus orznamentos para o presente exercicio, con partidas para afrontar este gasto “en parte baseandose no acordado co anterior goberno autonómico”. Por último Carlos Montes destacaba tamen o feito da eliminación dos Grumir, como un factor negativo para a vila e o municipio carballiñés xa que “estes traballadores estaban a desenrolar actividades importantes para os veciños, que en ningún caso van a desenrolar os bombeiros. Ademáis temos que lembrar a gran inversión realizada polo concello e o anterior goberno galego na equipación destes corpos de seguridade”. O alcalde asegura que o “Parque de Bombeiros é moi necesario, imprescindible, pero seguiremos insistindo no proxecto anterior, eximiendo os concellos da aportación económica, en xusta igualdade con otros concellos galegos”.
Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido
Declaracións do Director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva
O titular de Presidencia explicou que este mesmo ano está previsto que se licite a construción do edificio, así como a adquisición de vehículos e equipamento do parque, de tal xeito que estará en obras a comezos do ano que vén e prestará servizo aos veciños da zona a partires de mediados de 2011.