O parque municipal do Carballiño acolleu a tradicional xuntanza galega anual de persoas con discapacidade intelectual

2, Xullo 2023

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, reafirmou o apoio do Executivo autonómico ás entidades que traballan neste ámbito, por entender que son fundamentais para prestar unha atención especializada e adaptada ás necesidade de cada persoa. Fíxoo na XXV Convivencia Familiar de Persoas con Discapacidade Intelectual organizada por Special Olympics Galicia—Fademga.

En representación do concello do Carballiño, que desde fai anos colabora neste evento, asistíu o alcalde Francisco Fumega. Desde primeiras horas da mañá deste domingo foron chegando os participantes, procedentes de toda a xeografía galega, en número superior ao milleiro de persoas.

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, tamén participou neste evento que se desenvolveu no parque municipal do Carballiño e que reuniu a preto de un milleiro de persoas. A xuntanza foi un punto de encontro para usuarios das distintas entidades, profesionais e familiares, que compartiron unha xornada de carácter festivo.