O "Partidazo de COPE" faise eco da decisión do Arenteiro de tramitar a ficha ao preparador de porteiros para que poida xogar ante o Deportivo en Riazor. Escóitao aquí.
A insólita situación que vive o Arenteiro está sendo protagonista no mundo do fútbol español, incluso medios extranxeiros están facendose eco da noticia.
Dos tres porteiros que ten na plantilla, dous deles -Diego García e Manu Figueroa- están lesionados, e o único dipoñible -Pablo Brea- está cedido polo Deportivo da Coruña, pero no contrato de cesión está incluída a coñecida como a claúsula do medo, polo que o Arenteiro tería que abonar unha elevada penalización económica no caso de alinealo o próximo domingo en Riazor.
Como solución de emerxencia, o Arenteiro decidíu tramitar a ficha federativa do actúal preparador de porteiros e analista, Diego Rivas, para que poida estar en disposición de defender a portería do Arenteiro no seu partido de liga ante o Deportivo este próximo domingo ás 7 da tarde, como último recurso
O "Partidazo de COPE", o programa que presenta nas noites de COPE Juanma Castaño, entre os medios de cobertura nacional, que se fixeron eco da noticia, entrevistando ao protagonista Diego Rivas. Escoitao no audio no seguinte enlace:
https://www.cope.es/programas/el-partidazo-de-cope/noticias/curioso-caso...