O Partido Popular asegura que o pacto acordouse desde fora do Carballiño e o PSOE defende a súa lexitimidade
O pacto ó que chegaron esta semana PSOE e BNG para gobernar xuntos o Concello Carballiñés foi un acordo "dirixido, orquestado e firmado polas cúpulas autonómicas de ambolodous partidos", ésta é a interpretación que se fai desde o PP do Carballiño, un pacto "fora de tempo e electoralista, que non busca o benestar dos veciños do Carballiño, senón salvagardar a xestión política dos dirixentes autonómicos destas dúas formacións ca vista posta en fucturos pactos nas vindeiras eleccións municipais de 2011". O Patido Popular entende, desta maneira, que o pacto decidíuse desde Santiago, eso sí, polo tanto no mesmo tería xogado un papel decisivo un carballiñés, o ex-Alcalde Pachi Vázquez e actúal secretario xeral do PSOE galego. Esa é a lectura que fan os populares, que agora e unha vez que entre en vigor o acordo, exercerán unha oposición muncipal xa en solitario e que pasará a ser minoritaria dentro da Corporación Municipal, con cinco concelleiros fronte ós 12 que sumará o grupo de goberno bipartito de socialistas e nacionalistas.
Mentres, desde o PSOE, e por medio dun comunicado de prensa, defendese a lexitimidade do pacto e "dun acordo de goberno democrático e lexítimo, e no que priman os intereses xerais dos veciños do Carballiño". Destacan os socilaistas que será o grupo de goberno maís numeroso da historia democrática , consecuencia "das eleccións municipais de 2007 que conformaron unha maioria progresista e de esquerdas que conseguíu deixar o partido popular cos peores resultados electorais da súa historia no Carballiño". Finalmente, os socialsitas critican o PP do Carballiño por "estar máis preocupado en enchufar ós membros do seu grupo que en preocuparse dos problemas dos veciños do Carballiño".
Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido
Declaracións portavoz do PP Argimiro Marnotes