O Partido popular consigue no Carballiño máis votos que o resto das candidaturas xuntas, nas eleccións ó parlamento europeo.

7, Xuño 2009

A participación neste proceso electoral no Concello do Carballiño foi do 49,97 por cento, tres puntos por debaixo en relación a estas mesmas eleccións europeas do ano 2004, daquéla a participación acadara o 53 por cento. Na xornada electoral de hoxe domingo a abstención gañou por unhas décimas á participación. Un total de 5.687 carballiñeses exerceron o seu dereito ó voto. O Partido Popular obtén 2.932 votos, o que representa o 51,56 dos sufraxios escrutados. A segunda formación política foi o Psoe, que acadou 2.090 votos, e unha porcentaxe de 36,75 sobre o cómputo total. Pola súa parte, o Bng obtivo 421 votos, o que representa o 7,40 dos sufraxios emitidos polo electorado carballiñés. O resto das candidaturas que se presentaban a estas eleccións ó Parlamento Europeo obtiveron un respaldo minoritario, sumando en conxunto 147 votos. As papeletas nulas foron 48 e en blanco contabilizaronse 49 votos. O Partido popular conseguíu un claro triunfo electoral en todas as mesas do ámbito urbano, mentres o Psoe ten os seus mellores resultados na zona rural. O Partido popular gañou con claridade  en todas as mesas do casco urbano, e maís apretadamente nas de A Uceira, Partovia e Mesego. Mentres, o Psoe logrou impoñerse nas mesas electorais de Costoia, Laborada e Veiga. No resto da Comarca o Partido popular tamén gaña en todos os Concellos, salvo en Punxín onde os socialistas gañan cun 48 por cento fronte o 44 por centos dos populares. A victoria do Partido popular tamén se produce  nos outros dous Concellos da Comarca con Alcalde Socialista:  En Maside o Partido Popular rebasa o 52 por cento dos votos fronte o 41 por cento do Psoe, mentres en Piñor tamén se impón o Partido Popular co 50 por cento dos votos escrutados neste Concello. No resto da Comarca, nos Concellos con Alcalde do Partido Popular a victoria popular é aínda moito máis ampla, con porcentaxes que van do 59 por cento de San Amaro, 67 por cento en Cea, o 71 por cento en Boborás e O Irixo, e chega atá o 91 por cento de votos recibidos no Concello de Beariz. Xa finalmente noutros Concellos, En Leiro o Partido Popular gaña co 64 por centos do votos escrutados, e no Concello de Avión a porcentaxe sobre voto emitido ronda o 90 por cento a favor dos populares.

.