O Partido popular critica ao goberno municipal pola adxudicación directa de obras a empresas foráneas
O Partido Popular do Carballiño "denuncia que o Goberno Municipal Socialista, non tome en consideración a calquera das empresas de construción do noso pobo ou da nosa comarca, para as adxudicacións que fai de forma directa, e fixera nos dous casos que puido facelo desta forma, a adxudicación a unha empresa ourensá".
Engaden os populares que "en febreiro deste ano, adxudicouse de forma directa por 16.857,99€ a obra de muro de contención e beirarrúa en Alberto Vilanova a unha empresa da capital ourensá, e recentemente en setembro deste ano tamén se adxudicou á mesma empresa e polo mesmo procedemento, a obra de acondicionamento de miradoiro no río Arenteiro por 49.900€".
Finalmente, o grupo municipal do Partido Popular manifesta que "toda vez que ata ó de agora as obras directas son ó 100% para a mesma empresa ourensá, 2 de 2, pedimos ao señor alcalde que ten todas as competencias nesta materia, pois ademais ten atribucións de concelleiro de obras, que mire polo ben das empresas situadas na nosa comarca que son as que producen riqueza no noso territorio e son as que xeran emprego entre os nosos veciños".