O Partido Popular critica "o elevado gasto municipal en teléfono no Concello de Maside", 21.600 euros anuais
O grupo municipal do Partido Popular de Maside pedirá explicacións ao Alcalde Celso Fernández no próximo pleno que celebre a corporación masidá sobre o gasto en teléfono, que ascendeu durante o último ano a 21.600 euros, o que representa unha media mensual de 1.800 euros, unha cantidade que o Partido Popular considera excesiva para o concello de Maside. O seu portavoz, Casimiro Campo adaintou que na próxima convocatoria plenaria demandará información sobre este asunto "espero que poidan explicarmo, queremos saber que concellais teñen teléfono móbil porque é unha cantidade que consideramos moi elevada para o que é o concello de Maside".
O voceiro da oposición municipal foi máis alá, e noutro momento da súa intervención radiofónica afirmou "aquí non se perdona un céntimo, levamos 4 anos predicando que en Maside non se cobra, que estamos por amor ó arte e resulta que aquí non se perdona ún céntimo". En referencia aos concelleiros socialistas do grupo de goberno de Maside engadíu "atopámonos con resolucións da Alcaldia e con 6 talóns a cada concelleiro do grupo de goberno en concepto de dietas por desplazamentos, con distintas cantidades, unhas de mil, outra de mil quinientos, e otras asi, a min paréceme correcto que o Alcalde cobre unhas dietas para ir onde necestie, igual que tamèn vou eu e non cobro nada, pero non me parece ben que se diga unha cousa e logo nos atopemos con esto, non me parece de recibo que se diga que non se cobra nada cando por dietas están cobrando un diñeiro, e resulta que cando nós cando estabamos no goberno cobrábase unhos 700 euros ó ano, en tempos de bonanza, e decíasenos que era un roubo", enfatizou.
Finalmente, Casimiro Campo manifestou que "non sei a onde serán esos desplazamentos, igual é para ir á festa do chuletón a Garbás ou o magosto de Santa Comba, ahí tamén vou eu e nunca se me ocurriría pasar unha dieta ó concello, o que non pode ser é que a 5 concellais do Partido Popular se nos despache con un talón unificado para os 5 de 154 euros ó ano, mentres eles cobrarn o que cobran, eso é pisarnos, porque´nós tamén representamos ó pobo de Maside", suliñou.