O Partido Popular de Maside solicitará un Pleno Extraordinario para tratar diversas demandas veciñais
Casimiro Campo, portavoz do PP en Maside
O Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Maside vai solicitar a convocatoria dun pleno extraordinario da Corporación e co obxetivo de pedir explicacións ó Grupo de Goberno do Alcalde Celso Fernández, en relación a varias demandas veciñais. Asi o adiantou na súa intervención no programa "A Mañá de Cope" o portovoz do PP en Maside, Casimiro Campo. Entre esas demandas, estará unha vez máis a petición de acondicionamento das estradas e camiños que resultaron estragados polas obras do ave e a autoestrada, en todo o territorio municipal. Os populares entenden que hai deixadez por parte dos responsables municipais á hora de esixir ás empresas que executaron estas obras que reparen os danos causados. Outra das problemáticas nas que os populares incidirán nesa sesión extraordinaria é a deficiente cobertura na telefonía móbil na localidade de Dacón e arredores, ónde fai aproximadamente un ano se instalou unha antena, pero non entrou aínda en funcionamento, sen saberse cál é o motivo deste retraso. E tamén se interesará o Partido Popular pola seca da fonte da Praza Maior de Maside, que desde fai unhos dias está sen auga, algo que nunca se recorda en Maside, e non son poucos os veciños que botan a culpa desta seca á polémica obra de instalación dunha marquesina para a parada de autobús ó lado da fonte, unha ubicación que foi moi constestada tanto por unha parte da veciñanza como polo propio Partido Popular.