O Partido Popular denuncia un fraude de lei no que involucra á concelleira socialista Asunción Rivero
O Portavoz do grupo municipal do Partido Popular, Argimiro Marnotes, asegurou hoxe "un fraude de lei para liberar á unha concelleira do PSOE no Carballiño", en referencia á concelleira Asunción Rivero, agora á fronte do departamento muncipal de cultura, educación e xuventude, e atá fai unhos dias, antes de asinarse o pacto co BNG, responsable municipal de servizos sociais, sanidade e planificación urbanística. Según o PP, a concelleira carballiñesa "leva traballando cerca dun ano para a asociación de mariscadores e mariscadoras de Galicia", unha asociación con sede en Vigo. Pregúntanse os populares como "se pode entender que esta persoa poida atender o traballo polo que lle pagan, pois a non ser que sexa nos horarios propios do manrisqueo, é imposible, xa que de todos é coñecido que pasa as mañás e as tardes no Concello". Considera ademáis como pouco ético que , nos tempos que corren e cando o traballo é o que maís preocupa á xente, se lle regale un soldo a unha persoa, mentres "Ó PSOE no Carballiño éncheselle a boca falando do progresistas que son, polo que é o momento de desenmascarar a estas persoas". O Partido Popular, que califica o caso de grave, recorda o parentesco de Asunción Rivero co ex-Presidente da Xunta Emilio Pérez Touriño, xa que "estamos a falar da prima de Touriño como a presentou Carlos Montes nas eleccións muncipais de 2007, ou a concelleira do PSOE no pobo de Pachi Vázquez, ex-Conselleiro de medio ambiente". Finalmente, o Partido Popular manifesta unha dúbida, que se debería aclarar, "saber quen destes dous foi o que lle facilitou o contrato a Asunción Rivero".