O Partido Popular destapa unha débeda de 11,5 millóns de euros cos proveedores no Concello do Carballiño
A comparecencia para facer unha avaliación dos 100 primeiros dias de goberno municipal do Partido Popular foi aproveitada polo Alcalde Argimiro Marnotes para dar a coñecer á débeda que o concello carballiñés mantén cos proveedores, que "son 11,5 millóns de euros que se deben según unha relación de facturas recoñecidas que figura no concello, son facturas que están sen pagar e que se remontan desde o ano 1991 atá o mes de xuño de 2011, non sabemos por qué esto non se fixo público antes, seguro que moitas destas débedas xa prescribiron e moitos dos provedores xa se cansaron de reclamalas, pero tampouco sabemos por qué non se fixeron no seu caso expedientes de prescripción", indicou o rexidor municipal en manifestacións a esta emisora de radio.
Marnotes tamén desvelou que nos dias previos ás festas do setembro "houbo que que negociar con Unión Fenosa e facer un pago de 40.000 euros porque senón tiñamos o risco de non poder encender a iluminación artística das festas", según os datos aportados hoxe a débeda que ten contraida o Concello do Carballiño coa empresa eléctrica ascende a 600.000 euros, e que se corresponde con mensualidades que foron quedando sen pagar por parte do concello durante os últimos 5 anos, ademáis "deixaron sen pagar todo o 2010 e todo 2011 atá xuño", sentenciou.
O Alcalde do Carballiño valorou e mesmo agradeceu "o enorme traballo que todos os concelleiros e concelleiras do Partido Popular realizaron nos 100 primeiros dias de mandato, agora os veciños saben que no concello hai un alcalde que os escoita e recibe a diario, e que trata de resolver os seus probemas, ahí é onde pode verse o cámbeo que votaron o 22 de maio". Marnotes considera que nos tres primeiros meses o Partido Popular xa cumpriu parte importante do seu programa electoral "xa contratamos a auditoria, sempre se nos dixo que non se podia facer porque hipotecaría ao Concello, e ahí está, o problema económico do Concello do Carballiño non é o coste da auditoria que reclamaban os veciños, senón esos 11,5 millóns de euros que se debe aos proveedores ou o que se lle debe aos bancos".
O Alcalde carballiñés tamén se referíu a outras decisións xa adoptadas nos 100 primeiros dias de goberno municipal, como o convenio coa Deputación que a partir do vindeiro 1 de outubro faráse cargo da xestión do punto limpo e a recollida do lixo ou "a mellora que experimentou nos últimos meses a seguridade cidadán, cunha mellor coordenación das forzas de seguridade que está dando moi bós resultados como creo que están vendo os veciños do Carballiño", indicou.