O Partido Popular esixe explicacións tras afirmar que "a WEB do Concello está caída por falta de pago"
O grupo municipal do Partido Popular recorda que a páxina Web do concello é "unha ferramenta básica na relación coa administración, de consulta, xestión e rexistro", polo que a situación "demostra a desidia descontrol do goberno municipal, que deixa aos veciños, empresas, e autónomos" sen este servizo.
Os populares aseguran que "dende fai máis de 10 dias "www.carballiño.gal" leva caída en internet, non podendo accederse a ela, polo que se piden explicacións ao goberno socialista.
Para acceder ao comunicado do Partido Popular prema no arquivo adxunto: